DILEMA (CURTA)
DILEMA (<-enlace)
Feito por: Antía Picos, Lorena García, Lorena Gómez, Lourdes "Mike" Cruz, Pamela Andana.
Nesta curta queremos representar o dilema que nos leva comendo a cabeza dende tempos inmemoriables: ser unha mesma. Todo o mundo che come a cabeza, xa sexa dunha maneira ou doutra, e algunhas veces, acábase sucumbindo e te transformas nunha desas persoas: as que che xulgan, che poñen etiquetas, abusan de ti... A presión é tanta que non todo o mundo ten a forza para seguir adiante; e isto é o que lle pasou á nosa protagonista, Mike, quen ao principio era unha rapaza que sufría estes abusos constantes, os cales lle producían pesadelos nos que a súa conciencia lle dicía que se unira eles e para que así acabara a dor e xa non sufrira a dor que lle provocan física e mentalmente no seu día a día. Mike intentaba fuxir, estaba asustada, non quería ser unha delas, non quería ser malvada nin quería facer sufrir aos demais... Pero parece que non lle quedou outra. A súa máscara branca chea de pureza e inocencia sería manchada da dor que produciría noutros cando sucumbira. Ese bote de pintura vermella, tan tentador... Esa man vermella que se ofrecía a axudala por unha vez na vida, tan vermella, tan brillante, tan poderosa... Tan insensible.
PD.: Como verás, a curta ten unha marca de auga máis grande que a miña cabeza. Pos aquí cho explico todo:
O mércores estiven editando o vídeo (algunhas partes que xa tiñamos feitas). Descarguei o Open Shot, pero deixábame o son de fondo máis chungo do que era, así que intentei facelo con Editor de Vídeo de Windows e todo ben. Ata que lle din a exportar. Nada, deixeino toooda a tarde a exportar e non se movía do 4%.
O xoves (hoxe) xa rematamos de grabar todo así que intentei adeitalo de novo. Descarguei o Filmora e todo estupendo, unha maravilla. Pois ben, estouno exportando e vexo na miniatura a pedazo marca de auga esa. Descarguei o Sony Vegas e volvín a editar tooooodo o vídeo, todo, dende o principio, e total para nada. O señorito formato veg., que non vale para nada, fíxome perder toda a tarde buscando convertidores para pasalo a AVI ou mp4 e nada, ningún furrulaba. Así que non tiven máis remedio que deixarche co vídeo da marca de auga porque é o único que me deixa subir o maldito formato ese (porque nin de broma me poño a edita toda a curta dende o principio, morro, eu e mailo ordenador que sabe deus cantos virus lle meteron as merdas que lle instalei para ver se podía facer algo co veg. ese...).
E xastaría <3
GUIÓN:
-Pesadelo principio: A protagonista comeza a correr polo bosque desesperada. Mira hacia atrás e ve ás Caretas Vermellas, quenes están quietas mirándoa. Ao momento de velas, grita asustada e continua correndo, mais tropeza e esperta do pesadelo.
-Esperta: A protagonista esperta asustada tralo pesadelo. Colle as botas e a mochila e
marcha. Antes de saír, mentres baixa as escaleiras, colle a careta branca, a cal está situada ao lado da vermella (sempre a quer evitar), e diríxese cara o
instituto.
-Pasillo do instituto: As Caretas Vermellas atópanse pasillo pasando o tempo e charlando cando aparece a protagonista con intención de cruzar o pasillo. Ao vela, as Vermellas deteñen toda acción para centrar as súas miradas na prota. Ao pasar polo seu lado, unha delas
empúrraa.
-Baño do instituto: Logo daquel encontro no pasillo, a prota diríxese ata o baño para traquilizarse, careta un pouco manchada
de vermello. Lávase a cara e, tras volverse mirar ao espello, apréciase no espello o reflexo das Vermellas.
-Camiño do bosque: A protagonista vai andando por unha zona boscosa, as Vermellas metros detrás dela. Xa máis adentrada no bosque, unha Vermella comeza a perseguila máis de cerca e ao pasar unha valla que separa o bosque da estrada. Esta Vermella mira cara aos lados e únenselle as demáis vermellas. A persecución colle máis movemento (comezan a correr tras a protagonista, a cal trata de
fuxir). Nun intento de escape, a prota cáese ao chan e as Vermellas aproveitan e comezan a
chamala insultala.
-Casa: Agotada, a prota volve a casa totalmente derrotada e nada máis deitarse no sofá cae durmida. Ten outro pesadelo…
-Pesadelo final: Neste pesadelo, a prota está totalmente sola ca máscara branca e un bote de pintura vermella situados diante dela. Indecisa, colle a careta e míraa de cerca. De súpeto aparece unha man vermella que se aproxima á sua cara. Antes de que a man a toque, a pantalla ponse en negro. A protagonista resultou consumida.
NON DEIXES QUE TE CONSUMAN
CRÉDITOS:
°Guión: Antía Picos
● Reparto: Antía Picos, Lorena Gómez, Mike Cruz, Pamela Andana e Lorena García.
● Estrelas invitadas: Silvia Ageitos, María Álvarez e Fernando Miranda.
● Direción: Antía Picos e Mike Cruz.
● Axudante de dirección: Luismi Ramos.
● Produción: Mike Cruz.
● Edición: Antía Picos.
● Iluminación: Lorena García.
● Agradecementos: Alambique, Cistite Teatro, Luismi Producions.
Hola. Lo que me cuentas de la marca de agua es un problema de falta de planificación y de conocimientos, que podríais haber solucionado hablando conmigo, pues estuve toda la semana presente en el centro, y las anteriores, claro. Y es una pena, porque el corto así es espantoso.
ResponderEliminarEl formato veg no tiene nada de malo ni ha sido nunca un problema, pero no es un formato de video, es un formato de edición, así que no te entiendo.
Sea como fuere, si tenéis algo de amor a vuestro trabajo deberíais editar esto en condiciones.
Otra cosa, ya que quisistéis usar el Filmora, la licencia por un año son 40 euros, os salían a pagar menos de diez euros por persona, incluso os podíais haber juntado muchos para comprarlo y usarlo todas. ¿Pagar por un programa? ¿En España? Bueno, seguro que os habéis gastado más en libretas o pinturas o lo que fuese en otras asignaturas, en audiovisual también se puede invertir.
Al margen de que sigue habiendo miles de opciones gratuitas.
Lo dicho, espantoso y denota falta de trabajo de grupo.
El corto está genial, excepto por las transiciones horrorosas, y así no luce.