IDEAS DESCARTADAS LOGOTIPO JUEGOS OLÍMPICOS/PARALÍMPICOS
-Nº 1:
Aros olímpicos rodeados por unha rama de toxo con flores. Deseño descartado debido a que é demasiado agresivo; máis que un toxo parece a coroa de espiñas de Xesús. A adaptación do toxo aos aros non é a adecuada.
-Nº 2:
O mesmo que o Nª 1, pero hai dous aros formando unha cabaza do bastón peregrino. Mesmo descontento que co do anterior logotipo, a cabaza faino peor aínda.
-Nº 3:
Aros olímpicos aos que se adapta unha nécora. Disposición das patas do animal sen xeito ningún, parece de plastilina.
-Nº 4:
María Pita vestida de deportista cunha xabalina na man. Non é mala idea, pero os Xogos son en Santiago, non na Coruña...
-Nº 5:
Vieira simplificada cos aros encaixados dunha maneira espeluznante.
-Nº 6:
Vieira simplificada con aros dentro. Non é agradable á vista, a disposición de todos os compoentes non é adecuada.
-Nº 7:
Vieira simplificada con aros detrás. Esta é máis agradable á vista que as dúas anteriores, máis é un deseño un tanto soso.
-Nº 8:
Toxo en flor con aros debaixo del. Este logo é o que dará lugar ao logotipo final, ao que se lle engadirán unha vieira e unha cabaza.
-Nº 9:
Toxo con cornos de vaca rubia galega. Non lle atopo atractivo visual a xuntar un toxo con cornos.
-Nº 10:
Bastón peregrino. Sencillo, non está mal, pero é moi soso.
-Nº 11:
Folla de carballo. Este logo é o que dará lugar ao logotipo final, ao que se lle engadirán unha vieira e unha cabaza.
-Nº 11.1.:
A imaxe seguinte mostra o unha opción descartada para o logotipo final. Foi descartado pola disposición da cabaza e da vieira (non quedaban ben en ningún sitio), parece que queda un espacio baleiro no lateral esquerdo.
-Nº 12:
Frecha do Camiño de Santiago fusionada cun bastón peregrino: frecha con cabaza e vieira. Non é un mal deseño, pero non se atopan os elementos deste ben dispostos.
-Nº 13:
Aros olímpicos: os tres de arriba forman os ollos con gafas e o do medio é o nariz; os dous de abaixo forman o bigote. Este home estivo por todos lados, pero non é un logotipo adecuado para este tema.
-Nº 14:
Aros olímpicos dispotos en posición inspirada por castros e un símbolo celta. Non mola demasiado.
-Nº 15:
Estrella Galicia con aros olímpicos dentro. NO. Disposición horrorosa, todo mal.
-Nº 16:
Caliz con aros olímpicos. Cutre, simboloxía relixiosa: descartadísimo.
-Nº 17:
Can do palleiro con aros olímpicos no colar. Cuqui, pero inadecuado. Deixarémolo para as olimpiadas caninas.
-Nº 18:
Vacaloura con aros olímpicos. Non ten xeito ningún but viva as vacalouras.
Comentarios
Publicar un comentario