TIPOGRAFÍAS BIEN EMPREGADAS
A continuación, as tipografías que penso que están ben empregadas:
Penso que esta tipografía representa axeitadamente o espazo do cal fai publiciade. É unha tipografía que dá unha sensación de firmeza e forza e, xunta cos cortes que se aprecian nos caracteres, dá unha sensación de dinamismo potenciando así todo o conxunto; o cal penso que representa á perfección un ximnasio como é este.
Ao tratáranse dunha xoiaría, un lugar elegante, a tipografía empregada é a adecuada, xa que as serifas dos caracteres fan das palabras un conxunto fino e elegante, á vez que sinxelo e limpo.
Aquí temos tipografías dun restaurante italiano. Penso que a tipografía esbelta xunto cos ocos que xeran esa liñas interiores xeran unha sensación de elegancia e de informalidade, o cal síntese como algo cómodo e acolledor. As cores das palabras e do fondo favorecen a que se destaque que se trata dun restaurante extranxeiro.
Penso que esta tipografís está ben empregada, xa que, ao ser arredondeada é máis sinxela de ler e parece que fai que o nome desta tenda de deportes sexa máis curto. Dáme a sensación de que é sinxelo de recordar a forma dos caracteres. É un deseño sinxelo, pero que representa adecuadamente o tenda.
Esta tipografía posúe serifas que proporcionan elegancia e fluidez a este cartel pertencente a unha academia. Penso que se asocia ben a algo que ten que ver cas linguas.
Diseño tipográfico claro e limpo, sinxelo, pero destacable e elegante como é a fotografía.
Comentarios
Publicar un comentario