PACKAGING BOMBILLA

IDEAS / BOCETOS

Busquei cousas que tiñan máis ou menos relación coa luz, como xirasol, pez abisal (o cal ía escoller, pero non sabía onde poñer a bombilla, xa que poñela na boca quedaría estraño), casa, vagalume... Despois pensei en un utilizar a bombilla como cando nos debuxos animados alguén ten unha idea, que lle sae unha bombilla na cabeza, usei a cara de xenios como Einstein ou Dalí. Tamén pensei en facer un ollo, coa caixa rectangular ou en forma de pirámide.

Elixín o vagalume (dereita).

Tamén pensei en facer un faro, pero non tiña ni idea de como podería facer as partes redondeadas.

Esta é unha lúa, a cal fixen tamén ademais do vagalume.



REFERENCIAS



PACKAGING BOMBILLA 1: BUGLIGHT


BUGLIGHT está inspirada nos vagalumes, insectos que teñen un abdome que emite luz, por isto o relacionei cunha bombilla, porque tamén emiten luz. A bombilla é en espiral, adaptándose máis así á forma alongada do insecto.

PLANTILLA CAIXA:
Escollín un envase rectangular porque protexe a bombilla, é fácil de transportar e ocupa pouco espacio, o cal facilita o seu transporte.


PLANTILLA SOPORTE INTERIOR BOMBILLA:







PROCESO DE CREACIÓN:

Despois de recortar a plantilla, debuxei o vagalume nesta. A ventaniña recortada é para deixar ver a bombilla, a cal simula o abdome do insecto. Esta ventana podería taparse cun anaco de plástico.

Pintei a caixa de negro porque as luciérnagas son insectos que brillan pola noite. O becho pinteino dun color amarillento, con ás verdosas.

Decidín facer as ás aparte, así simulan mellor o que son (da maneira anterior non me convencían, non me parecían recoñecibles como ás).

Añadín unha pouca máis de cor.

Pego as ás e decoro con anteas e "brillos", Engado o logotipo BUGLIGHT ("bug" é becho en inglés e"light" é luz).

Montei a caixa para ver o resultado.


Engado os datos da bombilla:
>Logotipo e compañía da bombilla: BUGLIGHT de Bug & Co.
>É de 30W, pero alumbra como unha bombilla de 60W. Usei cores alaranxadas para aludir á calidez da luz que emite a bombilla.


>Baixo consumo: A++


>Luz cálida: 3000K (escollín a luz cálida porque aseméxase máis á luz emitida polo vagalume).

>Quedou así a cara dereita da caixa:


Pola cara dianteira engadinlle a duración de 1000 horas (representada cunha frecha formando un reloxo, aludindo así ao tempo) e os 60K.


Na cara esquerda, engado o código de barras (non, non funciona), e a marca de Conformidade Europea.


RESULTADO FINAL:

>Diante

>Dereita

>Esquerda



PACKAGING BOMBILLA 2: MOONLIGHT


Inspirado na lúa, astro que non emite luz propia, pero que reflexa a do sol. A bombilla é redonda, porque se adaptaba mello rá caixa.
>PLANTILLAS CAIXA E SOPORTE INTERIOR:





PROCESO DE CREACIÓN:

Escollín unha caixa cúbica. Fixen un oco polo que se ve a bombilla, a cal sobresae un puco. Este oco estaría recuberto dun plástico.


Adaptación da bombilla ao soporte e do soporte á caixa, 

Para simular os cráteres da lúa, engádolle anacos de cartón creando un pequeno círculo, o cal pintei dunha cor máis escura no interior para dar profundidade. A disvantaxe disto é que dificulta o seu almacenamento e transporte.


O cráter do lado dereito cobre a esquina inferior dereita e a esquina inferior esquerda da cara dereita da caixa.

Logotipo: MOONLIGHT, "moon" é "luna", e "moonlight" é "luz de luna". Os "O" imitan dúas lúas.

Os datos son os mesmos que os de BUGLIGHT, exceptuando que esta é luz fría: 6000K, simulando a escuridade e a brisa nocturnas. Por isto pintei os datos de cores azuladas.

RESULTADO FINAL:
>Diante

>Dereita



>Esquerda


>Tapa











Comentarios

Entradas populares