CURTA DO ABC OF HORROR, P FOR PSYCOPATH + GUIÓN




Nesta curta para o ABC OF HORROR tocoume a letra P e escollín a palabra PSICÓPATA.

CONTIDO DA CURTA

A protagonista desta curta é unha rapaza con Psicopatía que quere sentir algunha emoción. 
Dende pequena demostrou comportamentos psicóticos, como matar animais por diversión e/ou curiosidade e darllos coma agasallo a seu pai. 
Xa na adolescencia, a rapaza segue sen saber que son os sentimentos, non comprende por que a xente ten reaccións tan estrañas antes determinadas situacións, como que as súas amigas se alteren e fagan xestos de repulsión hacia un vídeo sobre tortura animal. A rapaza, ao non sentir empatía nin saber o que é, frústrase e quere descubrir como sentir, como ser coma as demais persoas que sofren emocións diariamente. Así, a protagonista decide preguntarlle o que sinte á súa amiga, cre que se fai á súa amiga sentirse coma o animal daquel vídeo, ela (a amiga) poderalle describir como se sinte, ou incluso a protagonista chegaría a sentir algo..., pero non foi o caso; a rapaza segue sen sentir nada, segue recordando aquela vez que lle agasallara unha rata, que ela mesma matou, a seu pai; segue lembrándose disto cada vez que ve unha rata morta pola calle, segue lembrándose de que non sabe o que realmente é vivir, porque... realmente está viva?, porque ela non o sinte así... Nin sequera sentiu nada cando lle quitaba a vida lentamente á súa mellor amiga, é máis, non lle importou, só é unha persoa máis -bueno, menos-, só é unha rata morta máis, só... nada máis-


SIMBOLOXÍA

-A RATA MORTA: representa como se sinte a protagonista, baleira, sen vida, soa, coma se non existise; tamén é a representación da súa condición mental: a psicopatía.

-A ROUPA NEGRA: a roupa desta cor representa o vacío emocional que sofre a protagonista.


CRÉDITOS

-CÁMARA: LUISMI RAMOS, LORENA GÓMEZ, ANTÍA PICOS.

-ACTRICES/ACTOR: LORENA GÓMEZ, SILVIA AGEITOS, MIKE CRUZ, LUISMI RAMOS, ANTÍA PICOS.

-EDICIÓN, PRODUCIÓN, DIRECCIÓN E GUIÓN: ANTÍA PICOS.




























Comentarios

Entradas populares